Varios homenaxes celebran o cabodano do poeta lucense

Novoneyra: Un ano no Courel

| | Seccións: Literatura
Compartir:

O primeiro aniversario da morte de Uxío Novoneyra está a celebrarse con múltiples actos conmemorativos. Despois da homenaxe tributada onte polo Concello de Lugo foi o primeiro en lembrar a figura dun dos poetas máis destacados da literatura galega.

Homenaxe en Lugo


O Concello de Lugo celebrou onte o poeta cun acto no cemiterio de San Froilán da capital da provincia, onde repousan os restos de Novoneyra. Durante o acto varios rapaces recitaron poemas en memoria do homenaxado, e Lois Diéguez, en representación da Asociación de Escritores en Lingua Galega subliñou a importancia universal do poeta.

Homenaxe no Courel

Pola súa banda, a Asociación de Escritores realizará a súa propia homenaxe, en Folgoso do Courel, concello natal de Novoneyra. A celebración comezará ó mediodía coa inauguración dun monumento dedicado á memoria do defunto. Ademais, plantarase un carnabudo, árbore predilecto do poeta. Posteriormente, Elba Rei, viúva de Novoneyra, recibirá no colexio público de Seoane o máximo galardón da AELG, o E de escritor. Para rematar, inaugurarase a rúa Uxío Novoneyra en Seoane, e realizarase un xantar de confraternidade.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O cartafol de Novoneyra

O cartafol de Novoneyra

Unha reedición recupera cartas, debuxos e textos en homenaxe ao protagonista do Día das Letras 2010

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Courel, Uxío Novoneyra, Concello de Lugo, Morte...