O programa “Encontro de Culturas” organizará varios encontros artísticos entre Galicia e Portugal o vindeiro ano

Intercambios polo Miño

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Catrocentos sesenta mil euros destinaranse ao longo do vindeiro ano a promover tres encontros culturais no marco do programa “Encontro de Culturas”. Esta actividade, integrada na Iniciativa Interreg de cooperación transfronteiriza, prevé organizar encontros entre artistas noveis e especialistas de Galicia e de Portugal para intercambiar coñecementos. Entre as propostas está “A estafeta do conto”, sección dedicada a intercambios literarios, e “Musicarte”, un circuíto itinerante que achegará as artes escénicas das dúas bandas do Miño.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Miño, Artes Escénicas, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)