Catro escritores galegos participarán no encontro internacional literario Kosmópolis en Barcelona

Festa literaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A ourensá Miriam Reyes, o coruñés Manuel Rivas e os composteláns Germán Sierra e Suso de Toro serán os escritores galegos que participen nas actividades de Kosmópolis 2004, a segunda edición desta bienal que se define como a Festa Internacional da Literatura. O Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona acollerá entre o 14 e o 19 de setembro este evento que reunirá máis dun cento de escritores chegados de todo o mundo para compartir ideas e opinións e inclúe exposicións, obradoiros, charlas, concertos e proxeccións audiovisuais.

Máis información no sitio de Kosmópolis

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Barcelona, Suso de Toro, Manuel Rivas...