Homenaxes en Suíza e e Pontevedra para o poeta falecido hai un ano

Valente na lembranza

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Vai xa un ano da morte de José Ángel Valente en Xenebra, e con ocasión deste aniversario sucédense os actos na súa honra. A asociación "A Nosa Galicia" en Suíza e a Sociedade Estatal España Nuevo Milenio, organiza un concerto homenaxe en Pontevedra.

A Nosa Galiza

A sociedade A Nosa Galiza de Xenebra honrará a memoria de Valente realizando unha serie de conferencias e de recitais arredor da figura do poeta. Os actos comezarán o día vintesete coa apertura da mostra "Cantigas de Alén" e a presentación do libro "Homenaxe a José Ángel Valente" e a edición facsímile do seu poema "Sub Nocte". Será a partir das oito e media da tarde, e a eses actos seguirá a proxección do video "Amigos: José Ángel Valente, poeta" e dúas conferencias, a cargo de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, na que se tratarán os aspectos universais e galegos da obra do poeta. Para o sábado está prevista a inauguración dunha placa conmemorativa e o nomeamento do poeta coma Membro de Honra da asociación, acto durante o que se escoitará a composición "Serán ceniza" nunha gravación da voz de Valente.

Pontevedra

A Cidade do Lérez comeza hoxe mesmo os actos en homenaxe e Valente coa celebración dun concerto no Pazo da Cultura. A actuación, organizada pola Sociedade Estatal España Nuevo Milenio, estará a cargo do Grupo Círculo, e pretende por unha banda rendir homenaxe ó poeta e pola outra amosar as composicións de músicos españois de entre corenta e cincuenta anos. Para rendir homenaxe a Valente interpretaranse dúas obras baseadas en textos do poeta. O resto da actuación incluirá obras de Francisco Guerrero, Santiago Lanchares, José Luis Turina, consuelo Díez e Javier López Guereña. O concerto, que se inscribe dentro do congreso "Océanos III milenio" que estes días se celebra na cidade, será ás nove da noite con entrada gratuita.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Suíza, Pontevedra, Morte, Carmen Blanco...