Ourense celebra o 80 aniversario de Valente con recitais, conferencias e concertos

Estrearase unha composición de Mauricio Sotelo que inclúe a voz do poeta

| Santiago. Redacion | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Do 23 ao 25 de setembro, os seguidores do poeta José Ángel Valente teñen unha cita en Ourense. Cúmprense oitenta anos do seu nacemento e o concello e a deputación ourensá organizaron unhas xornadas compostas por recitais poéticos, confrencias e un concerto de música contemporánea. Entre os participantes nestas sesións destaca o escritor Antonio Gamoneda, premio Cervantes 2008, quen pronunciará a conferencia de peche. Ademais, a actividade máis singular dos actos que están previstos, é a estrea da composición Valente, Memoria sonora composta espeficicamente por Mauricio Sotelo para a ocasión e que inclúe a voz de José Ángel Valente.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cervantes

Claves