Reedítase a última obra de José Ángel Valente con gravados de Pérez Carrió

Valente con gravados

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tres leccións de tebras, o último traballo do poeta ourensán José Ángel Valente, recentemente falecido, ven de ver unha reedición con gravados do pintor alicantino Ramón Pérez Carrió. A nova edición enmárcase nos actos de homenaxe que se tributarán ó escritor na Cidade das Burgas.

Edición limitada

A nova edición de Tres leccións de tebras, realizada pola editorial Linteo, constará unicamente de cen exemplares numerados e asinados, elaborados con materiais de orixe artesana, coma papel natural de fibra de algodón, ligazóns de gamuza e cáñamo e corda de pergameo albo de ovella. Os gravados de Pérez Carrió realizáronse sobre unha matriz de zinc, e tamén deseñou a cuberta, orla, letras, filigranas e cabeceiras.


Actos


Ourense homenaxeará a Valente cun acto que se celebrará mañá no Liceo Recreo Ourensán. O acto estará organizado, ademais de polo Liceo, polo Concello e por edicións Linteo. Este acto servirá tamén de presentación para o libro-homenaxe.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Pérez Carrió, Cidade das Burgas, Ourense

Claves

Protagonistas