José Ángel Valente dá nome á biblioteca do novo Instituto Cervantes en Marrocos

Valente presente en Marrocos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O poeta ourensán José Ángel Valente (Ourense 1929- Xenebra 200) foi o protagonista non presente da inauguración do Instituto Cervantes de Marrakech ao levar o seu nome a biblioteca do centro. Os Príncipes de Asturias inauguraron o centro e a biblioteca co nome do poeta ourensán, na que a súa viúva, Coral Valente, recitou algúns poemas do escritor que tamén se leron en árabe. A esta inauguración do sexto centro do Instituto Cervantes no país veciño segue hoxe unha mesa redonda sobre Valente na que intervirán a súa viúva; o poeta e director da Cátedra José Ángel valente da USC, Claudio Rodríguez Fer; o escritor Juan Goytisolo, a hispanista da Universidade de Rabat, Fatiha Ben Labbah; e o crítico Luís García Jambrina. A outra presenza da cultura galega está na vidreira do edificio, deseñada pola artista viguesa Menchu Lamas. Canda eles, as obras do ferrolá Jenaro Pérez Villaamil poderánse ver dentro da mostra prevista para celebrar a ampliación do Museo do Prado.

Máis información no web do Instituto Cervantes e sobre o Museo do Prado no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Cervantes, Marrocos, Museo do Prado, Menchu Lamas...