“O testamento do Dr Mabuse” proxéctase na Coruña. A versión íntegra (con 41 minutos máis de metraxe) da obra mestra de Fritz Lang combina unha historia detectivesca, elementos fantásticos e unha crítica implícita do nazismo. Descubre por que setenta anos despois, este filme continúa a ser un referente. O día 27 estará en Vigo. Forum Metropolitano da Coruña (rúa Río Monelos), o venres 3 de setembro (20:15h e 22:45 h) e o sábado 4 (17:15h e 20:15h)
Cookies de personalización
culturagalega.gal usa unha cookie propia para lembrar as túas preferencias e suxerirche contidos que poidan interesarche. Non recompilamos datos persoais nin compartimos información con terceiros.
Máis información