Domingo Tabuyo resulta gañador do I Premio de Poesía Camiño de Santiago

Das viaxes maiúsculas reportaralle ao autor 1.500 euros

18/9/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Domingo Tabuyo. Fotografía de Distrito Xermar. Fonte: AELG

O profesor do IES Francisco Asorey de Cambados e antigo deputado Domingo Tabuyo resultou gañador do I Premio de Poesía Camiño de Santiago. O autor impúxose no certame coa obra Das viaxes maiúsculas, que lle reportará 1.500 euros en metálicos e será publicada en galego e en castelán pola editorial Carena. O xurado destacou o seu traballo a "brillante imaxinería poética e a súa innegable capacidade simbólica, que invita ao lector a adentrarse no cosmos xacobeo a través dunha escritura fondamente conceptual e suxestiva, que se serve con mestría do endecasílabo branco e o verso libre".

A este galardón, que convoca a Academia Xacobea co patrocinio de Ediciones Carena e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, concorreron un total de dezaoito obras de diferentes lugares de España e América, todas elas co tema de fondo de "a vida como camiño" e unha vinculación "explícita ou implícita co Camiño de Santiago".

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Poesía, Asorey, Xacobeo...