O DÃa do Libro, que se celebrará o vindeiro luns con diversos actos coma os que están programados na Coruña ou en Ferrol, coincide coa publicación das estatÃsticas sobre edición en Galicia que revelan que no último ano publicáronse en Galicia 2.014 libros. Ademais, onte rematou o encontro de literaturas basca, catalá castelá e galega que se veu celebrando na Coruña e no que tamén se falou sobre os datos editoriais.
Cifras de letras
Segundo revelou onte o Instituto Nacional de EstatÃstica, durante o ano 2000 publicouse un total de 2.014 tÃtulos en Galicia. A tirada media de cada unha destas obras foi de 1.603 exemplares. Estas cifras sitúan a producción editorial en galego no 1,9 por cento do total editado no Estado Español. Segundo isto, na nosa lingua só se edita un 0,1 por cento máis que en euskera, e está dez puntos por detrás da producción en catalán.
O problema editorial
No marco do peche dos IV Encontros de Narrativa que se viñeron celebrando ata onte na Coruña, Carlos Casares, director de Galaxia e presidente do Consello da Cultura Galega, sinalou a súa preocupación sobre o sector editorial e a supervivencia do idioma. Para Casares pode darse o paradoxo de que o idioma falado morra aÃnda que continúe a existir unha literatura en galego, xa que "é moi difÃcil que unha literatura que chegou ó grado de desenvolvemento da galega chegue a desaparecer". AsÃ, segundo el, poden chegar a existir lectores e escritore en galego que non falen esta lingua. Con respecto ó mercado editorial Casares amosouse preocupado polo sector galego que, aÃnda que publica máis ca nunca, non atopa unha correspondencia na demanda do mercado.
A festa do libro
Os primeiros actos para celebrar o DÃa do Libro comezan mañá mesmo na Coruña. Os libreiros da Cidade Herculina celebrarán desde mañá a primeira edición da Festa do Libro. Durante toda a fin de semana doce casetas situadas nas inmediacións do Teatro Colón achegarán ó público as últimas novidades editoriais. Para o luns, DÃa do Libro, realizarase unha ofrenda floral no monumento dedicado a Emilia Pardo Bazán. Pola súa banda, en Ferrol comezan as celebracións o domingo, coa realización dunha mesa redonda sobre a importancia da lectura e a actuación musical "Ecos da terra". Será no Centro CÃvico de Caranza, onde tamén se poderá ver unha mostra sobre os libros publicados polo Liceo Rubia Barcia, que organiza os actos. Por se fose pouco, ás doce da mañá presentarase uha peza de chocolate en homenaxe a Cunqueiro. Para o DÃa do Libro en si, está prevista a actuación, no centro Torrente Ballester do Mago MerlÃn, que participará ás oito e media da tarde nunha mesa redonda.