Fernán Vello agarda ter en setembro unha reunión coas consellarías de Cultura, Educación e Economía para potenciar o sistema público de lectura

Lectura a catro bandas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello ven de facer unhas declaracións como presidente da Asociación Galega de Editores ao xornal Galicia Hoxe nas que di agardar para setembro a convocatoria dunha reunión por parte da Xunta. Tres consellarías, Educación, Cultura e Economía, reuniríanse cos representantes da AGE para tratar de achar solución as eivas infraestruturais do sistema público de lectura. A AGE remitiu en xullo un documento ao presidente da Xunta no se fai unha serie de propostas nun plan quinquenal cun investimento de 14 millóns de euros, este documento foi o que pasou as tres consellarías implicadas que agora teñen que reunirse cos editores. O obxectivo é subir até os niveis mínimos que recomenda a UNESCO o número de libros por habitante na rede pública de bibliotecas e pasalo do 1,1 actual ao 1,5 por habitante.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Economía, Editores, Galicia Hoxe...