Os libreiros queren competir cos editores na subministración de fondos ás bibliotecas escolares que pagará a Xunta

Mesmos libros, distintos vendedores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O presidente da FLG -Federación Galega de Libreiros-, Xaime Corral, considera que a Xunta está a prexudicar ás librarías ao excluílas da subministración de libros para bibliotecas. Os libreiros baséanse en que a partida convida entre a Secretaría de Política Lingüística e a Asociación Galega de Editores de douscentos mil euros para adquisición de libros só vai dirixida ás editoriais e non ás librarías en termos de igualdade na competencia. A FLG reclamará por escrito ante a Secretaría facerse partícipe do convenio. Miguel Anxo Fernán Vello, presidente dos editores, asegurou que a merca de libros para bibliotecas directamente ás editoriais é unha práctica universal e asumida “por razóns de loxística e economía”.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Bibliotecas, Miguel Anxo Fernán Vello, Economía...