Un informe da Fundación Auna con datos de 2003 coloca a Galicia entre as comunidades onde Internet ten a súa peor introdución

Baixa conectividade

O “Informe anual sobre o Desenvolvemento da Sociedade da Información en España” do ano 2003, que elabora a Fundación Auna coloca á Comunidade Autónoma de Galicia na terceira polo final da lista na porcentaxe de fogares con acceso a Internet. Só Castilla -La Mancha e Extremadura acadan peores porcentaxes que Galicia, que está en 19, 63%, máis de oito puntos por embaixo da media nacional. Estes datos está tamén relacionados no informe coa baixa presenza de computadoras no fogar na comunidade, un 35,09% , e a consecuente baixa utilización de Internet. O informe sinala en positivo o incremento dun 22,12% de presenza dos computadores nos fogares entre 2002 e 2003.

Máis información no xornal La Opinión