Menú para hoxe en Santiago: 13:00 horas, Chacovachi acturá en PlaterÃas dentro do Festival de Gorra, o mesmo evento que trae a Makujarriak ás 19:30 na Quintana e a Kumoambulante no Toural ás 20:00 horas. E máis tarde, ás 22:30 o Festival Feitoamán programa jazz (Pablo Seoane TrÃo na Praza Feixoó) e monólogos (Carlos Santiago no Curro da Parra). O cartel de hoxe ven tan cheo de actividades de animación como este mes de agosto no que, malia a chuvia, tres programas se encargan de converter rúas e prazas en improvisados escenarios.
O espectáculo debe continuar. AÃnda que chova como o fixo estes dÃas en Compostela, que non foi quen de amainar unha serie de festivais e espectáculos que organizados por diferentes asociacións culturais e auspiciados polo Concello de Santiago, pretenderon animar as rúas da zona monumental.
Flasback, empezando polo pasado
O programa comezou neste mes de agosto con Flashback Compostela, un programa que, como figura no seu sitio web, "é un conxunto de espectáculos de animación para espazos exteriores que están baseados en feitos históricos e lendas da cidade de Compostela". Baixo este nome figuran tres espectáculos "Camiño a Compostela", "Traslación" e "Mercado en Compostela"que axudan a divulgar o pasado histórico da cidade durante as fins de semana.
Os venres faise unha alegorÃa do "Camiño" en todos os tempos, onde xigantes, cabezudos e zancudos representan diversas figuras da cultura galega. Os sábados os monstruos mariños e os carros de bois representan a traslación do corpo do Apóstolo e a creación do Santo Sepulcro, para acabar os domingos representando os mercados dos anos cincuenta.
Feitoamán, ou como ser artesán do espectáculo
Se Flashback é un espectáculo para as fins de semana, Feitoamán é un programa deseñado para amenizar as noites. En total corenta actuacións de música, danza, humor, teatro e cabaré encherán as prazas da zona vella (que como chove se farán nos locais e pubs situados ao redor de delas) e que xurdiu para ofrecerlle unha posibilidade de darse a coñecer á xente que comeza en cada unha destas especialidades.
Deste xeito, o concello implÃcase nun proxecto que comezou o ano pasado, cando os compoñentes de Tópico de Grelos levaron a cabo unha serie de actuacións polas prazas que estaban ao redor de pubs e locais concorridos.
Numerosos artistas novos como Carlos Santiago, Pepa Yáñez, Davide Salgago, Branca Novoneira, ou Xavier Constenla encherán as noites compostelanas que pecharán cun festival de rock na praza de Cervantes os dÃas 27 e 28, nos que actuarán Act'an Rock-A-Hulas, Samesugas, Mega Purpleo, Sex Toytit e os Superratons.
Festival de gorra, non sabes nin a hora nin o lugar
Ao abeiro do Festiclown, que encheu Santiago de pallasos, o Concello coordinou un programa para encher as mañás e as tardes que quedaban fóra do ámbito de actuación dos outros espectáculos. Foi asà como naceu, o "Festival de Gorra". Un evento que chega da man da Asociación "Pista Catro", que comprende seis actuacións diarias en PratarÃas, Quintana e Toural, alén de que os membros do 'Teatro Clandestino' están vixiantes para sorprender, en calquera momento, a composteláns e visitantes. Unha forma de animar as rúas con humor inesperado e intelixente.