A viúva de Torrente Ballester será soterrada en Serantes xunto ao escritor

Adeus en Serantes

O corpo de Fernanda Sánchez-Guisande foi trasladado desde Salamanca, onde morreu o día once vítima dunha longa enfermidade, até Serantes para ser soterrada á unha do serán no panteón familiar que tamén acolle os restos do escritor Gonzalo Torrente Ballester. Fernanda Sánchez-Guisande foi a segunda esposa do escritor co que tivo sete fillos durante os 39 anos de relación. A viúva exercía na actualidade como presidenta da Fundación Torrente Ballester. Ao seu enterro asistirán hoxe todos os seus fillos alén dos catro que o escritor tivera coa súa primeira dona, o xesto é interpretado como unha proba de unión familiar despois das friccións co legado do escritor. Tamén estarán presentes representantes dos concellos de Ferrol e Santiago alén doutras figuras institucionais e culturais.

Máis información en Diario de Ferrol
e en Galicia Hoxe