Os autores presentan estes días un bo número de novidades en galego e castelán

Autores desde o Atlántico

Case coincidindo co comezo de Viñetas desde o Atlántico preséntanse en sociedade unha manchea de novidades editoriais de autores galegos. Á recente publicación en castelán de Jaime Asensi, “Ubu Rey” (Edicións de Ponent), súmanse a volta de Fran Jaraba que despois de “Cita na Habana” (Xerais, 2000) volve poñer aos seus personaxes na illa caribeña con “Campos de Cuba” que edita Xerais; tamén preséntase co título “No solpor da prehistoria” a segunda entrega da serie “Os Barbanzóns”, de Pepe Carreiro que está editar Toxosoutos. O colectivo Barsowia presenta nestes días o terceiro número da revista Polaquia, a segunda entrega de “A prueba de balas”, de Emma Ríos, e a historia “Feliz cumpleaños, May”, de Álvaro López. A estas novidades hai que engadir a publicación dun número monográfico dedicado a autores galegos da revista cordobesa “Dos veces breve”, que presenta o traballo de quince creadores galegos no campo da banda deseñada.

Máis información en La Voz de Galicia