O Saló de Cómic de Barcelona permite votar a través da rede nos seus Premios Populares

A votar

30/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A páxina de Ficomic, entidade que organiza o Saló do Cómic de Barcelona inclúe no apartado dedicado aos premios que elixe o público un formulario que permite aos interesados votar aquelas obras e autores que considere máis interesantes. Lembramos que para esta edición pódense escoller obras e autores galegos que publicaron ao longo do ano 2004. Desde os fanzines "BD Banda" e "Barsowia", aos autores que traballan na revista "Míster K", os que participaron no "2 Veces Breve" ou aqueles que optaron pola autoedición neste mesmo periodo, como foron Javi Prieto con "Hotel Diablos", Gochi con "Cerditos de Guinea", Emma Ríos co segunda número de "A prueba de balas" ou Álvaro López con "Feliz cumpleaños May".

Máis información sobre os premios no web de Ficomic; formulario para votar; publicacións do 2004 recollidas neste soportal

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Barcelona, Gochi, Álvaro López...