Logo de anos sen publicar novas historias, Víctor Coyote Aparicio voltaba á súa faceta como autor de banda deseñada ao asinar unha historia no Magazine de El Mundo do pasado domingo. No marco do monográfico sobre o 23-F en banda deseñada, Aparicio realizou a historia Tal como éramos na que retrata, en sete páxinas a cultura urbana nos tempos do golpe. Pola súa banda, no último número da revista Dos Veces Breve atopamos tamén presenza galega. Kike Benlloch fai dous guións na entrega e tanto el como Fran Jaraba e Emma Ríos presentan novos valores do cómic na publicación. Álvaro López asina tamén unha historia neste especial Dando la alternativa.