Os autores galegos ultiman as súas novidades para Viñetas desde o Atlántico

Lanzamentos herculinos

12/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Para alén das actividades oficiais, o festival Viñetas desde o Atlántico está a se consolidar coma un evento que concentra as presentacións de novidades do país. Deste xeito, o colectivo Polaqia anuncia para esta oitava edición que porá á venda camisetas que recolle ilustracións dalgúns dos seus membros, ademais de achegar o número seis da revista “Barsowia”. Por se fose pouco, Emma Ríos pechará a triloxía de “A prueba de balas” co último volume desta historia, e Kike Benlloch presentará a obra “Esa cousiña negra que levas no peito”. Desde BD Banda presentarán tamén o número seis da revista homónima, que xa se dera a coñecer en Barcelona, e o álbum, “Tito Longueirón” que supón o terceiro volume desta serie. Tamén se agarda a presentación dunha obra autoeditada por Álvaro López, e de certo que aínda se agocha algunha nova sorpresa entre os stands.

Máis información nos nosos arquivos e en La Carcel de Papel

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Emma Ríos, Kike Benlloch...