A semana do cine de Betanzos homenaxea a Julio Fernández, presidente do grupo Filmax

Betanzos Filma(x)

27/7/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Co título "A arte de producir" comeza mañá a VII Semana de Cine de Betanzos que homenaxe este ano a Julio Fernández, fundador e presidente do grupo Filmax. Ademais de Fernández, até o día trinta pasarán pola vila diferentes profesionais e estudosos do sector coma Román Gubern, Jesús Palacio, Brian Yuzna ou Alberto Vázquez-Figueroa entre outros. O programa complétase cun ciclo de proxeccións de obras producidas por Filmax que se desenvolverá na sede do Centro Galego de Artes da Imaxe na Coruña.

Máis información en El Correo Gallego e en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Filmax, Cine, Alberto Vázquez...