Julio Fernández é o homenaxeado na Semana de Cine de Betanzos

A semana de Betanzos

25/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O director da Semana Internacional de Cine de Betanzos deu a coñecer onte o programa da sétima edición, que transcorrerá entre os días 27 e 30 de xullo. E o evento presenta caras moi coñecidas no programa: Julio Fernández, o produtor de Fílmax a quen se lle dedica unha homenaxe pola súa traxectoria profesional; Goya Toledo (da que se proxecta "Palabras encadenadas"); Elsa Pataki (protagonista de Romasanta), Raquel Meroño (que asistirá ao pase de "Dagom") Stuart Gordon e Tristán Ulloa asistirán para participar no coloquio "Traballar con Julio Fernández". As xornadas desenvolveranse no Liceo de Betanzos e na sala de proxeccións do Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa ficha de Julio Fernández

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Cine, AVG, Culturagalega...