Julio Fernández recibe un premio en Sitges pola súa traxectoria no xénero fantástico

De estrea en estrea

13/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Fílmax está de noticia por múltiples frontes. Por unha banda, porque esta noite estrea na Coruña “Fráxiles” a súa ultima produción, que dirixe Jaume Balagueró e protagonizan Calista Flockhart e Elena Anaya. Unha produción que chegará mañá a 300 salas. Pola outra, porque o Festival Internacional de Cine de Sitges acáballe de conceder ao seu director, Julio Fernández, o premio María Honorífica en recoñecemento á súa traxectoria e o seu papel a favor do xénero fantástico. E precisamente neste festival, a produtora coruñesa Vaca Films presentou o seu último traballo “Somne”. Un filme que protagonizan Goya Toledo, Chete Lera, Óscar Jaenada e Nancho Novo.

Máis información sobre Fílmax e Somne

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, AVG, Culturagalega, Cine...

Claves

Conceptos
Lugares