Un congreso e a estrea dun filme previsións do audiovisual galego para outubro

Proximamente

12/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O vindeiro 14 de outubro as carteleiras acollerán a estrea de “Somne”, o thriller coproducido por Vaca Films e Lotus Films. Pero a cinta na que participa Goya Toledo, Óscar Jaenada e Nancho Novo poderá verse antes, no marco do Festival de Cine Fantástico de Stiges, un dos máis representativos do sector. No mes de outubro, a Academia Galega do Audiovisual organizará en Galicia o EAVE, acrónimo do “Emprendedores do Audiovisual Europeo”, que xuntará ás 48 produtoras máis destacadas de Europa en Compostela. Un mercado para darlle saída a proxectos de cine, documental e televisión.

Máis información na ficha de Somne e no web da Academia Galega do Audiovisual

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Academia Galega do Audiovisual, Documental, AVG...