Recupérase unha capela da Catedral de Santiago mentres Ferrol e Betanzos inician senllos proxectos de rehabilitación

Indo a rehabilitación

17/11/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A capela de Mondragón, na catedral de Santiago, abría de novo ao público o pasado sábado despois de seis meses de traballo de rehabilitación. Este espacio volta a lucir en todo o seu esplendor elementos coma un relevo policromado de terracota datado no século XVI. Por outra banda, o concello de Ferrol está a ultimar un convenio para rehabilitar o conxunto de Fontelonga, que inclúe parte da antiga muralla da cidade e varis construccións do século XVIII. Finalmente, Betanzos recuperará os deteriorados restos do mosteiro de Santa María das Donas mediante a creación dun obradoiro que se encargará tamén doutros edificios destacados.

Máis información sobre a capela da Catedral en El Correo Gallego; sobre o conxunto de Fontelonga en Diario de Ferrol; sobre o obradoiro de Betanzos en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Betanzos, Catedral de Santiago, Obradoiro...