O Concello de Ferrol intégrase nun plan europeo de rehabilitación de cascos históricos mentres se baralla a demolición do barrio de Recimil

Rehabilitación e derrubamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ferrol verá incrementados os fondos dos que dispón para rehabilitar o seu casco histórico logo de que o barrio da Graña fose declarado Área de Rehabilitación Integral. Onda isto, o concello está a traballar na integración dun programa da Unión Europea que permitirá que estudantes de arquitectura participen na elaboración dos proxectos de rehabilitación. Mentres, o concello solicitou á Xunta que retire a declaración de Patrimonio que protexe o barrio de Recimil para proceder á súa demolición. Este barrio, construído entre os anos vinte e corenta, presenta, segundo diferentes arquitectos, un trazado e unha planificación que o fan digno de conservación, aínda que o seu actual estado é dun avanzado deterioro.

Máis información en Diario de Ferrolsobre a rehabilitación; sobre a situación de Recimil; o caso deste barrio en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Ferrol, Arquitectura, Unión Europea, La Voz de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares