Os veciños de Recimil protestan no concello ante a catalogación do edificio

O barrio R

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O pleno do concello de Ferrol foi onte moi movido. Na orde do día figuraba a proposta de descatalogación do barrio de Recimil para a súa posterior demolición e construción dun novo parque de vivendas. Un feito que desencadeou a mobilización dos veciños do barrio que protestaron polo que consideraban unha operación urbanística especulatoria. Ao final a proposta foi aprobada cos votos favorables do Partido Popular, co que se remite á Direción eral de Patrimonio que ten a última palabra no asunto. O barrio foi construído entre os anos vinte e corenta e presenta, segundo diferentes arquitectos, un trazado e unha planificación que o fan digno de conservación, aínda que hoxe está moi deteriorado.

Máis información no Diario de Ferrol e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Partido Popular, El Correo Gallego, Concello de Ferrol