Patrimonio non permite a descatalogación de Recimil por unanimidade

Barrio con catálogo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Por unanimidade. A comisión de Patrimonio da provincia da Coruña acordou onte a non descatalogación do barrio de Recimil en Ferrol. As razóns da súa decisión é que continúan vixentes os valores e criterios polos que foi catalogado como conxunto patrimonial inventariado. Esta decisión determina que o barrio non poderá ser derrubado senón que deberá ser rehabilitado. Logo do acordo abrirase un prazo para a información pública no que se poden facer alegacións ao contido do informe.

Máis información no Diario de Ferrol e sobre Recimil nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Culturagalega

Claves

Entidades
Lugares