Descobren na Habana o poemario inédito dun galego mentres se ultima a repatriación dos restos de Xosé Fontenla Leal

Letras cubanas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un descoñecido libro de poemas bilingüe en galego e español da autoría de Domingo Campio Devesa Naveiro foi descuberto na Habana polo escritor Xosé Lois García. O texto de Domingo Campio foi escrito a finais do século XIX xa na emigración e amosa, segundo o descubridor do texto, influencias do romanticismo cubano. O libro será publicado o vindeiro outono por Edicións do Castro. Por outra banda, están a se ultimar os preparativos para repatriar os restos de Xosé Fontenla Leal, un dos impulsores da Real Academia e do Himno galego que está tamén enterrado na Habana desde 1919. A finais deste ano Jaime López, promotor da repatriación, viaxará a cuba para traer as cinzas, que quere enterrar no Panteón de Galegos Ilustres.

Máis información sobre o poemario inédito en La Voz de Galicia; sobre a repatriación de Fontenla Leal en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Cuba, Xosé Lois García, Panteón de Galegos Ilustres...