A RAG pedirá oficialmente o enterro de Fontenla Leal no Panteón de Galegos Ilustres

Fontenla volve co himno

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Será no vindeiro día 2 de setembro cando a real Academia Galega faga petición oficial ao Concello de Santiago de que os restos mortais de Xosé Fontenla Leal (Ferrol 1865-A Habana 1919) pasen ao Panteón dos Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval. O galeguista ferrolán Fontenla Leal foi un dos impulsores da Real Academia e do himno galego. A recuperación dos restos desde Cuba até Galicia é froito do esforzo persoal e das xestións do estudoso Jaime López, que nestes días con outros ferroláns históricos, o coro Toxos e Froles do que López foi presidente, presentan un disco que recolle a primeira gravación que se fixo do himno galego. O disco, titulado “Romaxe galega, 1922” contén a restauración sonora de vinte temas gravados pola coral nese ano, cancións populares de toda a xeografía galega.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Panteón de Galegos Ilustres, Xeografía, Real Academia Galega, Galicia Hoxe...