Compostela será escenario da mañá do acto de celebración do décimo aniversario da editorial Laiovento, que se conmemora coa edición dun texto dramático inédito de Antón Vilar Ponte titulado "Xuana de Vega ou Os mártires".
Unha vida intensa
"Prosas de combate e maldicer" de Xosé Manuel Beiras foi a obra que inaugurou o dezasete de decembro de 1990 a andaina da editorial Laiovento. Desde entón foron 174 os tÃtulos comercializados, ós que hai que sumar catro que non se puxeron á venda. As editorial estructura a súas publicacións en catro coleccións: Unha xeral dedicada fundamentalmente ó ensaio; "Vento do sul" que recolle obras sobre a cultura galego-portuguesa e principalmente en portugués; unha colección de libros de peto e, finalmente, "Fóra de serie" que recolle aqueles volumes que non se encadran nas outras coleccións.
Ensaio e traduccións
A editorial dirixida por Francisco Pillado Mayor, constituÃuse neste tempo como un referente ineludible no campo do ensaio, coa publicación de obras tan destacadas coma "Lingua galega, normalidade de conflito" de Xosé Ramón Freixeiro Mato, a "Gramática Histórica Galega" de Manuel Ferreiro ou a "Estructura Económica de Galicia" de XaquÃn Fernández Leiceaga e Edelmiro López. Ademais do ensaio, Laiovento tamén destaca no eido das traduccións, como a versión galega do "Fausto" de Goethe realizada por Luis TobÃo durante máis de sesenta anos e que mantén a estructura en verso da obra orixinal.
Vilar Ponte
A obra inédita de Antón Vilar Ponte que publicará Laiovento leva o tÃtulo de "Xuana de Vega ou Os mártires" e irá acompañada dun estudio sobre o texto. A edición será non venal e numerada e procede dun manuscrito atopado nos fondos da Real Academia Galega.