Día de doazóns

A RAG recibe fondos de Vilar Ponte e a Fundación Penzol documentación de Pérez Prado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Novos materiais de ilustres galeguistas pasan a facer parte do patrimonio público. A Real Academia Galega recibe esta mañá fondos de Vilar Ponte que pertencen á súa nora, Esperanza Casal Rodríguez, da man do escritor Pepe Carballude. O acto de entrega celebrarase esta mañá ás 13 horas. En paralelo, a Fundación Penzol presenta ás 12 desta mañá na súa sede en Vigo o legado do médico galeguista Antonio Pérez Prado. O arquivo deste investigador recolle fondos sobre emigración e o exilio galego en Arxentina e presentouse cun acto ás 12 horas.

Ás 19:30 o local acollerá unha conferencia sobre a figura de Pérez Prado e a proxección dun fragmento do documental Castelao. Biografía de un ilustre gallego, con guión do homenaxeado.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Penzol, Pepe Carballude, Real Academia Galega, Arxentina...