Hoxe o Centro Dramático Galego celebra o seu 20 aniversario cunha exposición, a edición dun libro-DVD e un acto no que participarán un actor, un autor teatral e un director relacionado coa institución teatral. Será mañá cando falaremos do presente e do futuro dun centro que leva vinte anos abrindo e baixando o pano. Mentres, fagamos memoria a través dun dos actores que coas súas actuacións foi escribindo a historia do teatro público do país, Antonio Durán, "Morris".
En setembro de 1984, Morris formaba parte da nómina de actores que representaban "Woyzeck" ás ordes de Xulio Lago. O actor recorda que naquel momento o que había "era moita espectativa, moitos nervos, porque só tiñamos a experiencia dos diferentes grupos de teatro e a nova oportunidade que se nos abría co teatro público era a posibilidade de traballar con xente de distintos grupos, ademais de facer montaxes novas". "Woyzeck" foi a segunda montaxe coa que o CDG inauguraba a súa existencia e na que se pode ver o modus operandi da compañía pública: a contratación de actores de diferentes compañías ademais do concurso para a adxudicación da dirección de montaxes puntuais. Un procedemento que se perpetúa até o presente.
Historia a través das montaxes
Eduardo Alonso foi o primeiro director do CDG, alén dun dos seus promotores e animadores iniciais. Foi quen puxo en marcha o proxecto e detectou as principais irregularidades do teatro público: a dependencia da Consellaría de Cultura, a inestabilidade orzamentaria sempre condicionada pola aprobación dos orzamentos xerais.
Con Alonso interpretáronse, segundo o web do IGAEM, catro montaxes de produción propia en dous anos. Daquela etapa Morris recorda que "Woykec foi para min a montaxe máis complicada porque era un texto moi difícil". Pero se hai unha obra que marcou a este actor e, en parte ao CDG, foi "O enfermo imaxinario". Con case 20.000 espectadores colleitou o maior número de críticas e a loubanza do bo facer de todos os asistentes á representación. "O enfermo, lembra Morris, foi un referente de crítica e de público que supuxo representar un clásico como foi Moliere e facelo co respaldo do público".
A partir desde momento o CDG entrou nunha etapa escura que veu marcada polo baile de directores: Ernesto Chao (1986-1988), Eduardo Puceiro (1988-1989), Dorotea Bárcena (1989, en funcións), Damián Villalaín (1989) e Xosé M. Blanco (1990), até que en 1991 o ourensá Manuel Guede asume a dirección do cargo declarando que "vou conseguir que o CDG deixe de aparecer nas páxinas de sucesos para aparecer na sección de cultura". Ábrese así unha nova etapa que, mesmo chegou a ter épocas ben definidas e varios proxectos teatrais centrados na recuperación do teatro clásico. Pero da etapa amparada baixo o selo Guede encargarémonos mañá, cando presentemos a situación presente do CDG con declaracións do actual director.
Iso si, se facemos un repaso ás cifras sobre toda a traxectoria do CDG, vemos que desde 1984 até hoxe o Centro representou 52 montaxes de produción propia, 8 coproducións con compañías galegas, e 5 colaboracións especiais con compañías españolas ou portuguesas; o que da unha media de tres espectáculos por temporada. Unhas cifras moi positivas, aínda que nunca lle faltaron críticas, sobre todo da profesión coa que mantivo os seus altibaixos. Iso si, Morris destaca que "o gran acerto que tivo o CDG foi o de poder pór en marcha títulos que non podían afrontar as compañías".
Un teatro con moitas caras
De onte a hoxe pasaron vinte anos, e en dúas décadas cambiaron moitas cousas para o teatro, sobre todo nos nomes que están e nos que non están. Cando nace o teatro público Morris tiña apenas vinte anos e era a sabia nova da profesión. Pero hoxe xa ten ás súas costas a perspectiva de quen compartiu mesa e mantel con xeracións novas e non tan novas que foron escribindo páxinas do teatro. E iso lle permite asegurar que "o CDG chegou nun momento importante porque permite a moita xente dedicarse profesionalmente ao teatro". Mais corre unha grande diferenza entre o que acontecía antes e o que pasa hoxe, "daquelas era un obxectivo artístico, porque abordaba montaxes moi interesantes que, aínda que agora tamén fan, amosan unha gran diferenza porque agora a xente espera a chamada do CDG por un sustento económico máis que artístico".
Xunto con Morris escribiron estes vinte anos de historia nomes como Manquiña, Serxio Pazos, Manuel Lourenzo e tantos outros, entre os que Morris destaca ao finado Roberto Vidal Bolaño que forman parte da historia do Centro.
Amor-odio entre o CDG e a profesión
Cómpre non esquecer que o nacemento do CDG, no ano 1984, está inevitabelmente ligado ao herdo que deixaron as compañías Antroido ou Troula, as primeiras en acuñar o teatro profesional, o camiño iniciado por mostras como as de Ribadavia, e ao apoio institucional xestado por Luís Álvarez Pousa, daquelas Director Xeral de Cultura. E este bo ambiente fixo que os artífices do teatro decidiran botar a andar un teatro público. Crearon así unha unidade de produción que foi o CDG e que tivo na orde do 8 de abril de 1986 o único documento público no que se marcan as súas competencias.
No entanto, a relación entre o Centro e a profesión que o creou, tomaron nalgún momento da súa andaina camiños separados. "Eu, explica Morris, fomei parte dos que creamos o CDG e todos esperabamos algo máis, xa que falta unha parte fundamental que é que a xente coñecese mellor o teatro. Antes o CDG e as compañías privadas eran máis coñecidas, pero hoxe pouca xente identifica os grupos. Creo que falta notoriedade".
Morris vai máis alá, "o CDG non é o responsábel da situación actual do teatro, pero tampouco é o reflexo da profesión, houbo momentos nos que os actores e o CDG camiñaron máis preto, agora faino un pouco máis separado". Son pasos que se van facendo ao camiñar.