Abre en Compostela Auriol, un espazo cultural que combinará exposicións, presentacións, música e outras actividades

Auriol novo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A exposición de obras de arte, os concertos e os recitais poéticos, as presentacións literarias, os debates. Todo terá cabida en Auriol. Este novo espazo cultural compostelán abriu recentemente da man de Chicho Losa e da súa muller Choli García, activos membro do mundo cultural da cidade. Segundo Losa, queren facer do lugar "un foro do cidadán ou un salón de arte" enclavado na zona nova de Santiago, e prometen desenvolver abondosas actividades. Polo de agora ofrecen unha mostra de obras dalgúns dos máis destacados pintores do país que forman parte da colección persoal dos promotores.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Galicia Hoxe, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos