O traslado dos restos do apóstolo marca mañá o comezo do Ano Santo, que contará con abondosas actividades culturais

Xa vén o Xacobeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os máis de tres mil actos culturais que agardan polos galegos no Xacobeo 2004 teñen mañá o seu punto de partida coa cerimonia de traslado dos restos do apóstolo. O día 31 Compostela celebrará a chegada do novo ano cun espectáculo de música e pirotécnica organizada polo Concello. O conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, anunciou que nos vindeiros quince días daranse a coñecer os nomes dalgúns dos músicos que se achegarán polo país. Segundo el, “un concerto do Xacobeo valerá por todo o Festival de Benicassim”.

Máis información en Galicia Hoxe sobre a programación cultural; sobre os actos de mañá

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Apóstolo, Xesús Pérez Varela, Espectáculo, Galicia Hoxe...