Antón Seoane e Pilocha editan un CD de música para nenos

Música pícara

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
"Lambón. Cancións para os croques" é o título do álbum co que a cantante Pilocha e o músico de Milladoiro, Antón Seoane acaban de editar para chegar ao público infantil. Pero no seu empeño non estiveron sós , xa que nas trece pistas que inclúe o CD colaboraron Carlos Blanco, Laura Amado, Lara, Harry C, Roi Casal, El Maestro Reverendo e San Escalera, ademais de dar entrada a letras de Neira Vilas, Manuel María e Antón García Teixeiro. A publicación do álbum corre a cargo do selo catalán Discmedi e estará dispoñíbel nas tendas de música.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso e no web do selo catalá Discmedi

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Seoane, Manuel María, Carlos Blanco, El Progreso...

Claves

Entidades
Lugares