María do Ceo leva os poetas galegos ás crianzas no seu novo disco

Cancións para nenas e nenos achega trece temas de Xosé Neira Vilas, Suso Vaamonde e a Carlos Casares

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
María do Ceo leva os poetas galegos ás crianzas no seu novo disco

Xosé Neira Vilas, Suso Vaamonde e a Carlos Casares son os autores cos que María do Ceo se achega á música para o público infantil. O Pazo de San Roque, en Compostela, acollía onte a presentación de Cancións para nenas e nenos, un libro-CD no que a cantora luso-ourensá achega trece temas. Gando galego, Trabalinguas polisémico, A galiña azul, Xesta doce, O cuco, Parabéns para ti, Bate a mar, Tres bolboretas, Babel, O inverno, Nana para arrolar ou Nunha folla de salgueiro preséntanse nunha edición que tamén inclúe as letras dos temas ilustradas por Amalia López Brea. No álbum, autoeditado, a cantante conta coa colaboración dos músicos Xosé Salgado e Álex Salgado.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Xosé Neira Vilas, Pazo de San Roque, Santiago de Compostela