Xardín Desordenado publica en disco as súas versións de Carlos Casares

Casares integra poemas musicados e cancións feitas a partir de relatos

29/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: músicaDía das Letras Galegas 2017
32 lecturas | Compartido 0 veces

Poemas musicados e versións cantadas de contos do autor compoñen Casares, o álbum co que Xardín Desordenado lembra o autor homenaxeado o Día das Letras. O disco achega nove temas entre os que se recuperan poemas nunca publicados en libro, e nos que se mesturan sons melódicos, bolero, bossa nova ou blues na liña habitual do grupo. Monólogo, A Galiña Azul, Elegía para Luis Cernuda, Amemos ou Un polbo xigante son algunhas das cancións que se recollen no álbum, que ve a luz da man da discográfica SUL. Santiago Ferragud, Marlene Rodrigues, Isaac Garabatos, David Outumuro, Blas Segura e Lorenzo Boo compoñen este proxecto que chega así ao seu terceiro disco e que está a xirar polo país cunha serie de concertos dedicados a Casares.



Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos