Xardín Desordenado homenaxea as poetas en Aprendedo a ladrar

O grupo musica textos de dezasete autoras do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xardín Desordenado homenaxea as poetas en Aprendedo a ladrar

Nado co obxecto musicar textos de poetas galegos, o grupo Xardín Desordenado continúa con esta teima no seu segundo disco. Aprendedo a ladrar, que acaba de ver a luz, preséntase como unha homenaxe ás autoras de lírica do noso país. Un total de dezasete temas percorren deste clásicas como Rosalía ata nomes contemporáneos como Carmen Krukemberg, Marica Campo, Marta Dacosta, Luz Pichel, Enma Pedreira, Yolanda Castaño ou Maria Lado. Gravado nos estudios Villa Angelina de Vigo, o disco ve a luz grazas ao éxito dun crowdfunding promovido polo grupo. Santiago Ferragud, Marlene Rodrigues, Isaac Garabatos, David Outumuro, Blas Segura e Lorenzo Boo son os responsables desta iniciativa, que se presenta mañá xoves no auditorio Afundación da Coruña e o venres no de Vigo.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Marta Dacosta, Yolanda Castaño, Marica Campo...

Claves

Entidades
Lugares