A Quenlla musica a Díaz Castro en Desorballando Outonos

O último disco do grupo achega versións de 15 poemas do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A Quenlla musica a Díaz Castro en Desorballando Outonos

Quince poemas de Díaz Castro musicados son a proposta que fai o grupo A Quenlla en Desorballando Outonos. O novo disco da formación, que chega só 2 meses despois do seu último traballo, recupera uns versos do homenaxeado no Día das Letras "que amosan ao autor en distintas situacións e distintos intres da súa vida, para poñerlles a harmonía recreada nos seus soños e nos nosos anceios, con voz sobre a sinfónica orquestración da Terra e no preciso poemario que máis o define", segundo explica a presentación do traballo. Gravado nos estudios do Concello de Arzúa, o proxecto presentouse ao público o pasado 18 de maio no marco da I Festa da Fala de Guitiriz.

Dos textos incluídos no disco, unicamente o poema Penélope fai parte do poemario Nimbos, único publicado por Díaz Castro, todos os demais foron seleccionados polos músicos de entre o resto da obra do autor. Deste xeito, pódense escoitar temas pouco coñecidos como Balada madrugueira, Coma brasas ou Chove en Galicia.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arzúa, Guitiriz, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)