Un libro-disco repasa a música da fin do franquismo

Antón Seoane é o autor de De voces ceibes a Milladoiro

5/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O esforzo por construír unha música galega nos últimos tempos do franquismo é o eixe de De voces ceibes a Milladoiro. Antón Seoane analiza os anos anteriores ao primeiro disco desta última banda, da que formou parte, nun libro-CD que acaba de saír do prelo da man de Galaxia. No disco recóllense colaboracións de Antón Seoane, Pilocha e Rodrigo Romaní, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Pancho Álvarez, Anxo Pintos ou Segundo Grandío, que gravan cancións emblemáticas daquela época, algunhas delas rexistadas por vez primeira para este proxecto.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

22/01/2014

O folk que xurdiu da protesta

Antón Seoane repasa o Movemento Popular da Canción Galega que marcou de xeito decisivo a nova música

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Seoane, Franquismo, Milladoiro, Rodrigo Romaní...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares