O fundador de Milladoiro comeza a súa carreira en soitario co disco "Albeida"

Albeida: Rodrigo Romaní está só

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

Logo de vintedous anos e máis de trece discos en Milladoiro, Rodrigo Romaní lánzase á música en solitario co seu primeiro disco, "Albeida". Romaní continúa na música folk acobillando sons caribeños, jazzisticos e clásicos.

Colaboracións


"Albeida" é un producto de luxo, e non só polo seu autor. Colaboracións como a da Orquestra Sinfónica de Praga, Maximino Zumalave, Susana Seivane, Anxo Pintos de Berrogüeto, Laura Quintillán, Alaín Pérez, a Orquestra Camerata Viguesa, Coro Fiadeiro e Treixadura. A gravación realizouse nos estudios As Galesas de Outes e nos de Casa de Tolos en Gondomar. As mesturas leváronse a cabo nos estudios Red Led de Madrid e masterizouse nos estudios Digital Domain de Florida.





Documental

A presentación do disco celebrarase o luns trinta de novembro no Centro Galego de Arte Contemporánea. Durante a presentación proxectarase un fragmento do documental sobre a realización do álbum producido por Suso Iglesias. A duración total do video é de 30 minutos, e nel pódense escoitar comentarios de artistas relacionados coa obra.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

fin de semana 12/07

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Milladoiro, Rodrigo Romaní, Clásicos, Folk...