Rodrigo Romaní abre mañá en Ferrol o ciclo de música popular "Raíz"

Raíces internacionais en Ferrol

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

O multiinstrumentista Rodrigo Romaní, que ven de presentar o seu primeiro disco en solitario logo dunha longa carreira con Milladoiro, será o encargado de abrir mañá en Ferrol o Ciclo Internacional de Música Popular. Este encontro levará á cidade artistas internacionais que amosarán os diferentes xeitos de entender a música popular.

Músicos internacionais


A iniciativa, promovida pola concellería de Cultura, pretende ser un escaparate das máis variadas músicas populares do mundo e da adaptación que se fai delas. Ademais de Rodrigo Romaní estarán en Ferrol KlezRoym, os portugueses Ala dos Namorados e o cantautor Paco Ibañez. A iniciativa é definida desde a Consellería de Cultura como "única en Galicia".




Programa

Todos os concertos terán lugar no auditorio do FIMO ás nove da noite, custando a entrada para o concerto de Rodrigo Romaní 1800 pesetas. O 25 de novembro será o día da actuación de Enrique Morente, coñecido coma "o xove mestre do cante jondo". Os serfardíes KlezRoym achegaranse a Ferrol o 2 decembro, ficando para o día nove Ala dos Namorados e para o día 16 Paco Ibáñez pechando o festival.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodrigo Romaní, Milladoiro, Paco Ibáñez, Consellería de Cultura

Claves

Lugares