O primeiro disco de Rodrigo Romanà en solitario, Albeida (Boa Music, 2000) presentouse no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago. O álbum do antigo compoñente e co-fundador de Milladoiro levantou moita expectación, xa que supón a volta ós escenarios deste arpista despois da súa separación do mÃtico grupo. Con Albeida, Romanà pretende facer unha homenaxe á paisaxe humana do sitio onde vive. "QuerÃa facer todo o que non fixera antes en 22 anos, porque non lle podÃa impor ós demais o que eu querÃa", explicaba Romanà na presentación. O álbum, aÃnda que contén sons recoñecibles da súa anterior etapa, ofrece a diferenza que dá un traballo concibido na súa integridade por este músico, actual director do Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo. As catorce pezas do disco presentan un abano heteroxéneo de sons, ademais da novidade que supón o seu protagonismo vocal como cantante. Albeida está cheo das colaboracións de Susana Seivane, Anxo Pintos, Maximino Zumalave, Laura Quintillán, ademais da Orquestra Sinfónica da cidade de Praga, a Orquestra Camerata Viguesa, o Coro fiadeiro e a Agrupación Treixadura. A gravación do disco tivo lugar nos estudios As Galesas (Outes, A Coruña) e na Casa de Tolos (Gondomar, Pontevedra), Todo o proceso, tanto de creación como de gravación quedou recollido nun documental realizado por Suso Iglesias, o director do XabarÃn Club (TVG). Imaxes da elaboración, e comentarios dos colaboradores e amigos de Rodrigo aparecen neste vÃdeo de media hora de duración.
Máis información sobre Albeida en Boa