Desconfianza. Este é o principal motivo polo que os galegos non fai compras nin xestións bancarias por Internet. De feito, segundo unha enquisa realizada pola Federación Galega EuroConsumo só o 30% dos galegos utiliza a rede para comprar. A enquisa revela tamén datos como que máis da metade dos galegos (o 54%) acode fisicamente ao banco, e un 30% dos galegos non ten tarxeta de crédito.

