Cultura e viaxes, o máis mercado polos galegos na rede

`Culturetas´ no hipermercado cibernético

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Viaxes (48,4%), entradas de espectáculos (20,95%), libros (15,1%) e música (10,7%) son os produtos que máis se animan a mercar os galegos por Internet, segundo os datos de 2007 da Enquisa de Condicións de Vida das Familias elaborados polo Instituto Galego de Estatística. Aínda que só un número moi reducido de usuarios se decide a facer mercas electrónicas (un 5,79%), esta práctica está en pleno auxe: no 2002 só un 1,3% dos internautas enquisados admitían comprar a través da rede. O importe medio das compras está entre 100 e 500€ no 44,5% dos casos. A práctica do comercio electrónico segue a ser unha actividade moi marxinal dentro dun uso da rede que, en gran medida, vén marcado pola busca de información (90,2%), a consulta do correo electrónico (79%) e a consulta de medios de información (43,9%).

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Instituto Galego de Estatística

Claves

Conceptos