Só unha web galega entre as 100 máis visitadas do Estado no último trimestre do 2002 segundo o estudio da AIMC

Unha entre cen

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Vén de publicarse a Quinta enquisa a usuarios de Internet da Asociación para a Investigación en Medios de Comunicación (AIMC), o mesmo organismo que realiza o Estudio Xeral de Medios. E dela extráense varios datos interesantes: tan só unha web galega, Lavozdegalicia.es figura entre as 100 máis visitadas polos internautas do Estado. E iso no posto 72. Outros datos de interese sobre o perfil dos usuarios: máis do 60% xa son veteranos con máis de 3 anos de experiencia na rede e o 89% teñen conexión dende a casa. A conexión máis empregada segue a ser a telefónica convencional (48.4%) pero percíbese tamén o incremento de uso da banda ancha ADSL (un 32.1%). A maior parte empregan Internet para buscar e ler información, aínda que a descarga de música en MP3 é unha actividade habitual no 46.7% dos usuarios. E un detalle curioso: o 64% dos usuarios afirman que substituíron o consumo de televisión por Internet, e un 62.1, o “estar sen facer nada” por percorrer o mundo virtual.

Máis información na web de AIMC ; para coñecer os hábitos dos usuarios galegos, consulta o informe e-barómetro 2002

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Medios de comunicación, Culturagalega

Claves

Entidades