A televisión segue a ser o medio de comunicación máis empregado polos galegos

A metade dos entrevistados recoñece non ter conexión a Internet no fogar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Nove de cada dez galegos ve a televisión todos os días, mentres que o xornal só é lido por cinco e a radio por seis. Son algunhas das cifras relativas a medios de comunicación que forma parte da enquisa "Clima social de Galicia" feita pola Secretaría Xeral de Análise e Proxección. Os datos tamén revelan que o xornal máis lido é La Voz de Galicia, seguida de lonxe polo Faro de Vigo. A emisora máis escoitada é a Cadea Ser e a cadea de televisión máis vista a galega. En canto á rede, a metade dos galegos asegura non dispor de conexión ao fogar, e os que a teñen conéctanse maioritariamente (63.2%) todos os días.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Medios de comunicación, Faro de Vigo, La Voz de Galicia