Unha enquisa do Consorcio Audiovisual destaca que a maioría dos escolares teñen móbil

Os gadgets e os nenos

3/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O 86% dos escolares teñen ordenador persoal e móbil, o 90% recoñece empregar o messenger para comunicarse cos amigos e o 75% ten un reprodutor de música dixital. Son algunhas das cifras que se tiran da enquisa elaborada polo Consorcio Audiovisual de Galicia a propósito do seu programa “Audiovisual nas aulas” que este ano celebrará a quinta edición. Canda estas cifras, a enquisa tamén di que 147 rapaces (de 1.391 entrevistados) asegura non ter lido ningún libro.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia