Obradoiros, visitas á TVG e ciclos de cine servirán para achegar o audiovisual galego aos escolares

Xeración audiovisual

O audiovisual galego chega este mes ás aulas de primaria e secundaria. O Consorcio Audiovisual de Galicia repite experiencia de instruír aos escolares, pero este ano faino a dous niveis distintos. Os que o ano pasado aprenderon os fundamentos da linguaxe audiovisual este ano formarán parte dun obradoiro no que farán unha pequena peza animada de entre 15 e 30 segundos. Por outra banda, os que son novos neste programa recibirán unha unidade didáctica con coñecementos básicos, ademais de poder optar a outras actividades que van desde a asistencia a unha proxeción cinematográfica, unha visita a Televisión de Galicia ou asistir á rodaxe dun filme ou a gravación dun programa nun plató.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia