Unha proposta do máis variada e fresca, unha receita maxistral para degustar no tempo de lecer. Ás xa habituais e maxistrais entregas dun Encrucillado diferente cada semana, por Paulino Novo, e o sempre entrañábel e divertido universo de Anxos... de garda, por Anxos Sumai, sumamos a imaxinativa sensibilidade dos poemas visuais do Inventario Indócil, por Elvira Riveiro, e as novas máis completas e recentes sobre o xénero fantástico, polo editor da revista Nova Fantasía, Fran Morell. Proba esta receita e repetirás de todos os ingredientes.